Posted On: August 3rd 2026, 10:16 am
🛰️Lagoas sintéticas🛰️
Recompoñéndonos do obradoiro de rexistro espectral que fixemos pola lagoa de Valverde en Cospeito.
O pasado 11 de xullo camiñamos, limos e observamos as formas de vida presentes e ausentes que compoñen este lugar. Coñecimos os seus mitos, as súas lendas e historias asolagadas baixo as augas estancadas do humedal.
A través de diferentes lecturas e artefactos de visión e detección fomos percorrendo o lugar, deixándonos abraiar polos rastros, trazas e pantasmas que foron aparecendo no noso camiño cando prestamos suficiente atención.
Moitas grazas a todes por vir.