Instagram story viewer> @libroscontos> Posts
3.2K
followers
1758
following
Recuncho para falar de libros e o que xurda.
Lectora empedernida, namorada do galego
TikTok libros.e.outros.c
https://youtu.be/ddCJcFuCOGM
POSTS STORIES REELS TAGGED
Bonituras! Traemos con gran alegría o novo #retolibroscontos26 , xa tan tradicional no aninovo como o chocolate con churros😂😂. Cada ano sinto a mesma ilusión e ledicia ao ensinar este proxecto común onde trece contas galegas vos poñemos a ler haha Sempre tiven claro que debe ser un reto aberto, onde elixades o libro a  ler, en que lingua e de que autora ou autor. O funcionamento é sinxelo, cada mes ten unha premisa e elixiredes o título seguíndoa. Se vos presta podedes compartilo nas redes etiquetándonos e comentando entre todas as lecturas. Teño que seguir agradecendo ás miñas doce comadres do reto por estar, por ter ideas marabillosas e sobre todo, por aguantarme. Facemos do 2026 un ano cheo de libros? Contádeme que vos parece este novo cartel? Que mes vos chama? #instabookgalicia #bookstagramgalicia #instaengalego by @libroscontos
9
10 months ago
Download
" A muller de mentira" @iria.collazolopez by @libroscontos
4
6 days ago
Download
Bonituras! 💚Aquí me vedes posando diante dunha igrexa ( o domingo fun a unha manifestación dentro dunha😶‍🌫️pero iso é outra historia😶😶) Por que este fondo? Para falarvos da miña nova obsesión. O libro ensaio "instrucción de novicias" de Ana Garriga e Carmen Urbita. Cheguei sen saber como a un podcast chamado " Las hijas de Felipe" @lashijasdefelipe e, de repente, quería ler todo sobre monxas. O libro parte da premisa irresistible de "Todo o que che pasa a ti xa lle pasou a unha monxa do barroco" . A partires de textos e cartas dos Séculos XVI e XVII, as autoras ( doutoradas, listas e icónicas🤩) cóntannos a vida monacal de Santa Teresa de Jesús, María de San José, Ana de San Bartolomé... enfrontándose a crises económicas, amizades, relacións de poder, amores,viaxes. Igual ca nós. É un libro no que se nota un estudo profundo do tema ao mesmo tempo que o relaciona con Rosalía tratrá ou Shakira. Algo que me namorou é o coidado da linguaxe e a importancia que lle dan💚 Algunha fan por aquí de "Las hijas de Felipe" ? Interesadas en selo? #instaengalego #bookstagramgalicia #instruccióndenovicias by @libroscontos
12
10 days ago
Download
Hoxe celebreime e celebráronme. Sigo sen ter 43 no corazón  pero si nos ollos cando río. Gústame cumprir anos. Non quero a outra opción. Cociñáronme dúas tartas as mesmas mans que me deron a vida. Que ma seguen a dar. Xoguei as cartas só para deixarme gañar por meu pai, que non quero que perda máis cousas, non. Houbo unha chamada de hospital para cantarme os parabéns. Houbo chóferes e compradores de festas. Sorpresas ao chegar ao traballo cando o agasallo é que se quiten minutos de sono por min. Agora teño o piso cheo de debuxos que me retratan moi ben e o teléfono cheo de mensaxes. Tortilla polo chan e unha gata escapista ( só coas demáis) . Debería falar de 43 libros imprescindibles ou 43 poemas emotivos mais hoxe só falarei da festa. Un pouco de min. E da xente que me rodea. De pensar que estou aquí, que quero contar. Grazas! by @libroscontos
99
17 days ago
Download
Libros que me sorprenderon... Algúns para ben e outros para mal. Léstelos? Que opinades do spot? Léovos ✍️🤳🫶#instaengalego #bookstagramgalicia #avidaconlibrosémáisvida by @libroscontos
10
21 days ago
Download
Bonituras❤️ O 2025 debeu ser o gran ano ( laboral) de Carmen V. Valiña @carmendebaio pois dous dos libros que lín da autora publicounos neste ano. "As tolas que non o eran" é un libro-ensaio sobre os ingresos de mulleres en Conxo ( recluídas á forza simplemente por ser diversas) e " Illa de sangue" é unha novela curta onde se trata este tema xunto a moitos outros. Comeza coa desaparición de Helena na Illa de San Simón en plena residencia artística. A partires de aquí, saltamos no tempo e no espazo para coñecer a vida de Helena e da súa familia. Guerra civil, represión, soidade, abuso... Que pasou con Helena? E coas mulleres que a precederon? Sorprendeume e gustoume a escrita da autora neste libro. Aquí hai máis paixón, sentimento e historia. É certo que no final unha ten que ser moi cómplice do guión pero como lectoras sempre hai que remar a favor😁 @galaxiaeditorial Léstelo? Visitastes San Simón? #instaengalego #bookstagramgalicia by @libroscontos
12
a month ago
Download
Acompañádesme neste xoves? 🤭 A vós tamén vos gustan os figos? #instabookgalicia #bookstagramgalicia #instaengalego by @libroscontos
30
a month ago
Download
Bonituras🧡 se hai alguén á que admiro polo seu mundo de ideas é á escritora @_eli_rios 
 "RdC" é a súa última novela orientada ao público xuvenil e publicada por @baiaedicions  En todas as súas novelas hai unha imaxinación desbordante, historias incribles con varios puntos de vista e unha loita constante por nomear ao que a sociedade pretende deixar ás marxes.
É unha novela distópica onde a xente da Terra ( onde case non se pode vivir) ten que marchar a outros planetas da Galaxia habitados.  RdC é o planeta ao que migra a nosa protagonista coa nai. Neste novo lugar tamén se sinala á diferente e hai unhas normas ( demasiadas) de control. Sempre que hai control hai desidencia,non? Aquí tamén... Hai compañeirismo, amor, segredos, fuxidas e moita influencia de Rosalía de Castro🤭❤️ Ah! e unha figueira coma a da foto. Non son moi de distopías nin fantasía pero gustoume moito esta historia da que quedei con ganas de saber moito máis. Léstelo? Coñecedes á autora? ✍️🤳 #instabookgalicia #instaengalego #bookstagramgalicia #avidaconlibrosémáisvida by @libroscontos
5
a month ago
Download
Bonituras! Son moi de facer recapitulacións e escribir sobre todo ( unha brasas, vamos) pero hai que quererme así😄. Este verán🧡🧡:
☀️ Vivín unha eclipse total de sol con medo a quedar cega, confésoo.
☀️Coidei e paseei todas as mañás con meu pai e tiven moita tristura e cariño ao mesmo tempo.
☀️Fun moito á piscina e comín bocadillos que sabían á parrilla do instituto.
☀️Fun menos á praia que outros anos e unha das veces caín nas pedras.
☀️Intentei aforrar e non fun tanto a concertos... A un invitáronme unha hora antes.
☀️ Lín pero menos do que me gustaría. Desfrutei moito dos thrillers.
☀️Preocupeime por amigas que o pasaban mal.
☀️Estiven moito con Dalma que durme máis ca min.
☀️Quixen probar manualidades nas que son moi mala pero me relaxan: facer pulseiras, pintar, bordar...
☀️Nos bolos a xente dí que tiro raro pero eu creo que son moi boa.
☀️Vin Harry Potter por primeira vez no cine coa sobri.
☀️Comín coa miña compa moito fóra intentando atopar novos lugares en Ordes, spoiler: saiu mal
☀️Só saín unha vez de festa e ás 3 estaba na cama.
☀️ Non escribín poesía.
☀️Sentinme moi querida e moi soa ás veces.
☀️Elaborei material para o cole.
☀️Pasei un fin de semana en Cedeira
☀️Sendo nacionalista emocioneime co mundial.
☀️Cortei o pelo e non me arrepinto.
☀️Asasinei unha velutina porque era ela ou eu.
☀️Sentinme un pouco acomplexada co meu corpo ( pensei que se pasaba coa idade)
☀️Fallei a algunhas quedadas porque non me daba a vida.
☀️Xoguei ás cartas con meus primos.
☀️Levei a miña nai ver ás súas amigas da infancia.
☀️Estiven moi ben da ansiedade aínda que durmir segue custándome.
☀️Apañei as patacas sen ganas nin romantizando nada.
☀Pensei en facer un club de lectura no meu pobo pero non me atrevín.
Este verán intentei desfrutar do que puiden e foi bonito pero tamén quero sinalar a imposibilidade de esas viaxes constantes, aventuras exóticas e sorriso de colgate que vemos nas redes. A vida é máis normal. Espero que non vos soe este post a depresión post vacacional porque estou ben, teño ilusión por empezar by @libroscontos
5
2 months ago
Download
Bonituras! Non atopei un muíño e cambieino por un hórreo 🤭 Continúo co xénero que máis me gusta ler en verán, novela negra. "Asasinato no muíño do cura" de Arantza Portabales @arantzaportabales @galaxiaeditorial volve a presentarnos un asasinato na aldea de Loeiro. Bueno, preséntanos  moito máis. Misterio, mentiras, ameazas, amnesia... Toda a trama engancha desde a primeira páxina. Unha muller chega á aldea buscando respostas, non sabe quen é pero ten soños con Loeiro e , revivirá unha historia pasada que algúns veciños queren ocultar. Volven as personaxes do anterior libro, "Asasinato na casa Rosa" , os investigadores Iria e César e a mellor veciña cotilla da historia, Sinda. Encantoume que Sinda tivese tanto protagonismo🥰 Non podo contarvos moito máis porque nada é o que parece e o bo é ir descubríndoo. Sobráronme un par de fragmentos demasiado explícitos e gores pero, xa sabedes, son eu moi cagada😅 Ah! E podedes ler este libro sen ler o anterior, son autoconclusivos. Léstelo? Que vos pareceu? Que thriller lestes este verán? ✍️🤳
Kisses a lotes e, xa sabedes, #avidaconlibrosémáisvida 
#instaengalego #instabookgalicia #bookstagramgalicia by @libroscontos
22
2 months ago
Download
Bonituras! Hoxe é o día🕶🌒 e estou tan pegada á actualidade haha que vos traio a reseña de "Dolores Claiborne" do mestre do terror, Stephen King, que sucede durante unha eclipse total. Hai algo na escrita deste home que me engancha. Fai que queira seguir lendo máis e máis, que me trague todo o que conta por inverosimil que sexa ( sabedes que son da opinión de que se non escribise terror e fantasía, sería candidato ao Nobel) Cos anos non me fixen máis sabia🫣pero si máis medorenta, polo que tiven que reducir as racións de King a obras que non fosen de terror sobrenatural. "Dolores Claimborne" non é un libro de sustos. O que dá medo é que é unha vida moi real. A historia está narrada por Dolores a modo de confesión na policía ( lería o autor "A esmorga"?🤭), hai dúas mortes pero desde o principio ela declárase inocente dunha e culpable da outra. O día da eclipse total, un fenómeno natural incomparable, asasinou ao seu home. Ao longo da novela contará o porqué, o como e a súa relación coa outra morte. Violencia machista, abuso infantil, control, pobreza... Como vos dicía, iso si dá pánico. Bebinme as páxinas sen respirar practicamente, recoméndovola moito. Desfrutade da eclipse e non matedes a ninguén. Que libro é o voso favorito de Stephen King? Léovos 🤳✍️ #instaengalego #bookstagramgalicia #avidaconlibrosémáisvida by @libroscontos
9
2 months ago
Download
Libros baseados en feitos reais que me encantaron, cales son os teus? #instaengalego #bookstagramgalicia #instabookgalicia @alvarellos_editora @galaxiaeditorial by @libroscontos
10
3 months ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up