Posted On: September 21st 2026, 01:08 pm
🟦 Sol Agra presentou hoxe o foro Praza no Ágora, que se celebrará o 25 de setembro no CSC Maruxa e Coralia compostelán.
🟦 Organizado pola área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña coa colaboración da Fundación Praza Pública, abordará o papel da mocidade na crise democrática.
🗣️ «Esta iniciativa», explicou Agra, «parte da percepción de que unha parte da mocidade vive con desencanto o momento histórico actual, unha realidade que diferentes estudos relacionan cun aumento da polarización e do apoio a opcións políticas extremas».
🗣️ «O foro», engadiu, «pretende analizar as causas deste fenómeno e, ao mesmo tempo, explorar as posibilidades de participación da xente nova na construción dunha democracia máis sólida e inclusiva».
🗣️ «O bo da democracia era que se puidese argumentar e que puidesen cambiar a túa opinión en función dos argumentos do outro, e agora parece que xa non se fai: o algoritmo lévanos a escoitar só os argumentos cos que estamos de acordo».
🗣️ «Con Praza na ágora queremos reivindicar, ademais, a conversa presencial como espazo de reflexión colectiva nun contexto no que boa parte do debate público se desprazou das prazas ás pantallas».
#prazanaágora