Instagram story viewer> @sol_agra_tunhas> Posts
1K
followers
489
following
"Dá tempo a todo"
Concelleira do @bngdeoutes
Deputada Provincial @bngdepucorunha
Dunha chea de asociacións e orgullosamente do rural
POSTS STORIES REELS TAGGED
🟦 Sol Agra destaca a importancia de preservar e difundir o legado documental da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

🟦 A CRMH entregoulle á Deputación o seu arquivo audivisual, que a administración custiodará, catalogará e dixitalizará para facilitar a súa consulta pública a través da Biblioteca Provincial.

🟦 O fondo inclúe 168 cintas de vídeo e 6 deuvedés con testemuños directos do golpe de Estado de 1936 e da represión franquista.

🗣️ «Nun momento no que resulta fundamental combater o descoñecemento da historia e facer fronte aos discursos de odio e á banalización do fascismo é imprescindible protexer este legado que hoxe recibimos», sinalou a deptuada de dereitos civís. «Porque preservar a memoria é tamén unha forma de defender a democracia no presente». 

🗣️ «Non podemos permitir que o descoñecemento da nosa historia abra a porta a discursos de odio que cuestionan os dereitos e as liberdades conquistadas», dixo Agra». «Temos a responsabilidade de protexer esa memoria e poñela ao servizo da sociedade».

#MemoriaHistórica by @sol_agra_tunhas
0
3 days ago
Download
Hoxe fixemos entrega do fondo da CRMH de gravacións en video e son de testemuñas da represión franquista na comarca e cidade da Coruña á Deputación, que se encargará da súa dixitalización e posta en valor. Un fondo único e de grande valor que estará en breve dispoñíbel para a investigación e coñecemento sobre a memoria da nosa realidade máis cercana. by @sol_agra_tunhas
0
6 days ago
Download
𝗛𝗢𝗠𝗘𝗡𝗔𝗫𝗘 Á𝗦 𝗠Á𝗥𝗧𝗜𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗡𝗘𝗕𝗥𝗔

📍 Hoxe estivemos na Ponte de Cans, en Nebra, na homenaxe xa habitual ás Mártires de Nebra, no 110 aniversario daqueles feitos que marcaron a historia da loita agraria galega.

As intervencións de Mariña Castelao, militante de Galiza Nova; Balbino González, portavoz municipal do BNG en Porto do Son; e Rosana Pérez, deputada no Parlamento galego, serviron para lembrar a Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso, Xenerosa Vidal Cadórniga, Rosa Maneiro Cadórniga e Antonio Sobrado Luaces, as catro mulleres e o home que foron abatidos pola Garda Civil o 12 de outubro de 1916 cando participaban na protesta contra os impostos abusivos.

🖤 110 anos despois, mantemos viva a súa memoria e reivindicamos a loita daquelas persoas que defenderon os dereitos do seu pobo fronte á inxustiza e á represión.

Porque foron, somos. 🌟 by @sol_agra_tunhas
0
7 days ago
Download
🗣️ Sol Agra: «Festivais coma Mares da Fin do Mundo demostran que a cultura tamén é un xeito de reivindicación e compromiso co noso territorio».

🟦 A deputada do BNG participou hoxe na presentación da Mostra Internacional de Cinema Documental, que se vai celebrar en Rianxo do 14 ao 18 de outubro coa colaboración da Deputación da Coruña.

🗣️ Agra referiuse ao cinema documental como «unha ferramenta fundamental para denunciar, dar voz a realidades moitas veces invisibilizadas e xerar conciencia social, e puxo en valor o traballo da mostra para achegar á cidadanía a riqueza dos nosos mares e a importancia de protexer os ecosistemas mariños a través da cultura e do audiovisual».

🗣️ «Apoiar iniciativas coma esta é apostar por unha cultura comprometida, capaz de interpelarnos como sociedade e de lembrarnos que a defensa do noso patrimonio natural e cultural é unha responsabilidade compartida».

#maresdafindomundo by @sol_agra_tunhas
0
10 days ago
Download
🌊📝 Xa non queda nada para dar comezo á  𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨!
🎙️Hoxe, no Auditorio de Rianxo, comezamos a conta atrás cara a esta novena edición coa rolda de prensa de presentación, na que estiveron presentes a segunda tenente de alcaldesa, 𝐀𝐧𝐚 𝐕𝐢𝐝𝐚𝐥 𝐅𝐮𝐧𝐠𝐮𝐞𝐢𝐫𝐢𝐧̃𝐨; a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís pola provincia da Coruña, 𝐒𝐨𝐥𝐞𝐝𝐚𝐝 𝐀𝐠𝐫𝐚 𝐓𝐮𝐧̃𝐚𝐬, e o director da Mostra, 𝐌𝐚𝐫𝐜𝐨𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐥𝐞𝐠𝐨.
🌍 Unha edición na que a cultura rianxeira e o modo de vida desta vila estarán moi presentes, tamén a través dos dous filmes que abren e pechan a programación. A inauguración correrá a cargo de 𝑭𝒐𝒎𝒐𝒔 𝑭𝒊𝒄𝒂𝒏𝒅𝒐 𝑺𝒐́𝒔, de 𝐀𝐝𝐫𝐢𝐚́𝐧 𝐂𝐚𝐧𝐨𝐮𝐫𝐚, unha obra profundamente vinculada a Rianxo e á poesía de Manuel Antonio. E será 𝑭𝒊𝒍𝒍𝒐𝒔 𝒅𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒃𝒂𝒕𝒆𝒂, de 𝐀𝐥𝐞𝐣𝐚𝐧𝐝𝐫𝐚 𝐓𝐮𝐛𝐢𝐨 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨, a encargada de poñer o punto final a esta edición, cunha mirada ao cultivo do mexillón como parte de identidade propia da vila.
🎬 Será tamén a edición na que a presenza de directoras destaque máis ca nunca, tanto na competición como nas diferentes seccións da 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚.
👧👦E apostamos por seguir achegando o cinema ao público novo. Á xa consolidada 𝐒𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐈𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 súmase este ano a 𝐒𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐢𝐥, mentres que continuamos cunhas das actividades que máis nos gusta: o 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐦𝐨́𝐛𝐢𝐥𝐞𝐬.
🎫 Con case todo preparado, soamente nos faltades vós, e para iso abrimos xa as inscricións na nosa web, na que atoparedes toda a información sobre horarios das sesións de proxección de filmes e actividades.
✨ Agardámosvos en Rianxo do 14 ao 18 de outubro!
#CinemaDocumental | #Rianxo
#Presentación #MDFDM2026 taken in Rianxo by @sol_agra_tunhas
0
10 days ago
Download
𝗛𝗢𝗠𝗘𝗡𝗔𝗫𝗘 Á𝗦 𝗠Á𝗥𝗧𝗜𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗖𝗔𝗡𝗦 💐

📅 O vindeiro 12 de outubro ás 12:00 h celebraremos na Ponte de Cans, en Nebra (Porto do Son), a homenaxe ás Mártires de Nebra, no 110 aniversario deste episodio da nosa historia. Así nolo conta Sol Agra, responsábel comarcal, neste vídeo.

💬Contaremos coas intervencións políticas de Mariña Castelao, Balbino González e Rosana Pérez, e cunha intervención musical de Mini Rivas.

Agardámoste! by @sol_agra_tunhas
32
10 days ago
Download
🟦 Natividade González, Sol Agra e Avia Veira asistiron onte á inauguración na Coruña do novo Espazo Cultural Manuel María, un proxecto da fundación que leva o nome do poeta lucense e que conta cunha achega de 50 000 euros da Deputación.

🗣️ «Manuel María é unha figura imprescindible para comprender a cultura galega do século XX e unha parte fundamental do noso patrimonio literario», sinalou González. «Apoiar a apertura deste espazo significa contribuír a que sigan vivos a súa obra, o seu pensamento e o seu compromiso coa lingua e coa cultura do país».

🗣️ «Queremos», apuntou, «que o legado do escritor siga dialogando co presente e que este lugar se converta nun punto de referencia para a cultura galega». by @sol_agra_tunhas
0
12 days ago
Download
🟦 A Deputación vén de convocar o I Premio de Pódcast 'Transmitindo na Lingua Galega'.

💶 5000 € para cada unha das catro categorías:
🎭 O teatro do aire
💬 A palabra fiada
🔎 A pescuda sonora
🗣️ A voz da nosa lingua

📝 Bases: no BOP do 23 de setembro.
📅 Prazo: ata o 18 de decembro.
🖥️ Tramitación: plataforma SUBTEL da Deputación da Coruña. by @sol_agra_tunhas
0
17 days ago
Download
🗣️ Sol Agra reafirma na presentación do CeibaRimas 2026 o apoio da Deputación a proxectos «que amplían os espazos nos que a nosa lingua está presente e achegan a cultura do país a novas xeracións».

🟦 A competición de rap improvisado en galego vai converter Rianxo, o 3 de outubro, nun espazo de encontro para a música, a cultura urbana e a tradición oral galega.

🗣️ «CeibaRimas», salientou Agra, «demostra que o galego é unha lingua plenamente viva, capaz de habitar todos os espazos e de dialogar coas novas formas de creación cultural».

🗣️ «O 'freestyle' ten unha enorme capacidade para conectar coa xente nova e para facer do galego unha lingua de uso, de creación e de diversión».

🗣️ «É especialmente importante que as novas xeracións vexan que o galego tamén pode ser a lingua coa que crean, xogan, improvisan e se expresan nos ámbitos culturais que forman parte do seu día a día».

#CeibaRimas2026 #linguadeputaciónacoruña by @sol_agra_tunhas
0
24 days ago
Download
🗣️ Sol Agra, na presentación do Festigual: «Citas coma esta materializan o dereito universal á cultura, a visibilización da diferenza como riqueza e a construción de espazos públicos cen por cento accesibles».

🟦 A deputada de Igualdade participou esta mañá na presentación do festival, que vai espallar a cultura inclusiva por vinte e nove espazos da Coruña, do 4 ao 19 de novembro, co apoio da Deputación.

🗣️ «O Festigual», salientou Agra, «usa o galego como ferramenta de inclusión e normalización, aposta pola igualdade de xénero e de oportunidades e estende os dereitos culturais aos barrios, aos centros cívicos e tamén a espazos coma o cárcere de Curtis-Teixeiro».

🗣️ «A Deputación apoia decididamente este modelo porque cre nunha cultura que non deixe a ninguén atrás: Festigual é o festival de todas e de todos, un festival para romper barreiras físicas, sociais e mentais a través da arte».

#Festigual2026 by @sol_agra_tunhas
0
25 days ago
Download
🟦 Sol Agra participou hoxe na entrega do II Premio Na lingua que eu falo, da Real Academia Galega, ao proxecto Aquí tamén se fala!, do IES Rafael Dieste.

🟦 A iniciativa do centro de ensino coruñés, que recibiu en 2024 o premio Rosalía de Castro da Lingua, convocado pola Deputación da Coruña, conta co apoio da área de Lingua da administración provincial.

🗣️ «O futuro do galego», sinalou Agra, «pasa por darlle protagonismo á xente nova que sabe que falar a nosa lingua en todos os contextos sociais supón un acto de rebeldía e futuro».

🗣️ «Ver como medra este movemento ano tras ano reafirma o noso compromiso con proxectos que demostran que o galego está vivo e que é unha extraordinaria ferramenta de integración e intercambio cultural», afirmou a deputada do BNG.

#aquítaménsefala #nalinguaqueeufalo by @sol_agra_tunhas
0
a month ago
Download
🟦 Sol Agra presentou hoxe o foro Praza no Ágora, que se celebrará o 25 de setembro no CSC Maruxa e Coralia compostelán.

🟦 Organizado pola área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña coa colaboración da Fundación Praza Pública, abordará o papel da mocidade na crise democrática.

🗣️ «Esta iniciativa», explicou Agra, «parte da percepción de que unha parte da mocidade vive con desencanto o momento histórico actual, unha realidade que diferentes estudos relacionan cun aumento da polarización e do apoio a opcións políticas extremas».

🗣️ «O foro», engadiu, «pretende analizar as causas deste fenómeno e, ao mesmo tempo, explorar as posibilidades de participación da xente nova na construción dunha democracia máis sólida e inclusiva».

🗣️ «O bo da democracia era que se puidese argumentar e que puidesen cambiar a túa opinión en función dos argumentos do outro, e agora parece que xa non se fai: o algoritmo lévanos a escoitar só os argumentos cos que estamos de acordo».

🗣️ «Con Praza na ágora queremos reivindicar, ademais, a conversa presencial como espazo de reflexión colectiva nun contexto no que boa parte do debate público se desprazou das prazas ás pantallas».

#prazanaágora by @sol_agra_tunhas
0
a month ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up