Instagram story viewer> @resi_1863> Posts
1.2K
followers
167
following
A Residencia Literaria 1863 é un retiro creativo para escritores/as, así como tradutores/as, situada no corazón histórico da Coruña (Galicia – España)
POSTS STORIES REELS TAGGED
A autoedición de libros ten o seu espazo en «POLDRA. Literatura expandida» grazas á visita de Jennet Tineo, escritora, xestora cultural e activista feminista 👏

Un encontro no que poderemos falar e escoitar á gañadora da segunda mención de honra na liña poesía na quinta edición do Certame Nacional de Talleres Literarios e segundo lugar no mesmo certame na súa sexta edición.

📍 Vémonos o próximo 22 de outubro ás 20:00 h na Biblioteca Xosé Vázquez Pintor, no @concello_melide! taken in Melide by @resi_1863
2
2 hours ago
Download
Velaquí tedes a conversa que tivemos co poeta Paddy Bushe tras a súa visita á Facultade de Filoloxía da @universidade_usc, grazas a unha nova sesión de «POLDRA. Literatura expandida» 👏

Un intercambio importante para poñer o foco nesas conexións comúns que temos entre Galicia e Irlanda, grazas á tradición de Mil reflectida nos textos e poemas do autor irlandés.

Un encontro posible pola presenza de Paddy Bushe na @resi_1863 💙 by @resi_1863
0
15 days ago
Download
O ESCRITOR JOSÉ LUIS RENDUELES OBTÉN A 
VI BOLSA RESIDENCIA ASTURIES

· O autor xixonés disporá dunha estadía durante o mes de decembro na Residencia Literaria 1863 da Coruña para avanzar nun novo proxecto narrativo

· A iniciativa, que conta coa colaboración do Executivo autonómico do Principado, apoia a creación literaria en asturiano e favorece o intercambio cultural con Galicia

O escritor José Luis Rendueles (Vega, Xixón, 1972) obtivo a VI Bolsa Residencia Asturies de literatura, que conta co apoio da Conseyería de Cultura @culturaast

O autor disporá dunha estadía creativa durante o vindeiro mes de decembro na @resi_1863 da Coruña.

O xurado desta sexta edición estivo formado polo escritor e crítico literario @joseangelgayol , a novelista e xornalista Leticia Sánchez Ruiz @letisaurus e a poeta e académica da Llingua Asturiana Marta Mori @martamorida , gañadora da convocatoria anterior.

No seu fallo, o comité de avaliación destacou a solidez da traxectoria literaria de Rendueles e o interese da proposta presentada. O proxecto propón unha dobre vía de traballo que combina o desenvolvemento dunha novela cunha dimensión metanarrativa.

O xurado valorou tamén que a estadía na Coruña ofrece as condicións axeitadas para que o escritor poida concentrarse nunha obra na que xa traballa e coa que mantén un firme compromiso creativo.

A Residencia Asturies ten como finalidade apoiar, promover e estimular a creación literaria en asturiano e eonaviego. A iniciativa proporciona a escritores e escritoras un espazo e unhas condicións favorables para a investigación, a reflexión e a escritura.

A Consellería de Cultura, Política Llingüística e Deporte colabora asumindo cada ano os gastos de estadía da persoa seleccionada na Residencia Literaria 1863. O centro atópase moi próximo ao espazo no que naceu a Real Academia Galega, e tamén ás vivendas nas que viviron Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro e Pablo Ruiz Picasso.

Con esta sexta convocatoria, o programa mantén a aposta pola literatura asturiana contemporánea e polo intercambio cultural entre Asturias e Galicia, permitindo ás persoas beneficiarias desenvolver novos proxectos nunha contorna de excelencia. by @resi_1863
0
19 days ago
Download
📚 Paddy Bushe na Universidade de Santiago de Compostela

O pasado 21 de setembro, o poeta irlandés Paddy Bushe participou en 𝐏𝐎𝐋𝐃𝐑𝐀 cunha conferencia titulada "The Amergin Step: Past and Future".

A partir do "Libro das Invasións" (𝘓𝘦𝘣𝘰𝘳 𝘎𝘢𝘣𝘢́𝘭𝘢 𝘌́𝘳𝘦𝘯𝘯) e da figura lendaria de Breogán, Bushe explorou os vínculos entre Irlanda e Galicia que aparecen nesta tradición medieval irlandesa, e a pegada que este relato deixou no imaxinario cultural galego.

Un encontro para explorar como estes relatos de orixe, tránsito e identidade continúan xerando novas lecturas desde a creación literaria contemporánea.

📍 Universidade de Santiago de Compostela 
📅 21 de setembro

𝐏𝐎𝐋𝐃𝐑𝐀 · 𝐋𝐢𝐭𝐞𝐫𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐞𝐱𝐩𝐚𝐧𝐝𝐢𝐝𝐚
Un programa de @culturadadeputaciondacoruna by @resi_1863
0
22 days ago
Download
Xa se reuniu o xurado da VI Residencia Asturies! ✨

Nesta edición, o comité de avaliación estivo integrado por José Ángel Gayol escritor e crítico literario, autor en asturiano e castelán; Leticia Sánchez Ruiz, novelista e xornalista; e Marta Mori, poeta e académica da Llingua Asturiana, ademais de gañadora da edición anterior.

Tres voces diversas, pero de ampla traxectoria e coñecemento das letras asturianas, encargadas de valorar as candidaturas recibidas e deliberar sobre o proxecto que gozará da próxima estadía na Residencia 1863.

Moi axiña compartiremos o fallo!

Moitas grazas ás tres polo tempo, o rigor e o coidado postos nesta tarefa que organiza a Conseyería de Cultura, Política Llingüística y Deporte do Principado de Asturias.

@joseangelgayol @martamorida @letisaurus @culturaast @resi_1863 taken in Uviéu, Asturies by @resi_1863
0
23 days ago
Download
Estes días temos a Fran Fernández Davila @fran_fernandez_davila escribindo desde o corazón da campiña irlandesa. Como gañador do V AROD – Intercambio Poético Galicia-Irlanda en Residencia, está a desenvolver no @tyroneguthriecentre o seu proxecto Caol Áit (Os lugares delgados), unha proposta que pon en diálogo Galicia e Irlanda a través do territorio, a demografía e a lingua.

Enxeñeiro de profesión e escritor desde 2016, Fran Fernández Davila desenvolveu nestes anos unha fértil traxectoria tanto na narrativa como na poesía, cunha obra na que o territorio e a memoria ocupan un lugar central. 

Agora, lonxe da casa e rodeado da paisaxe irlandesa, ese diálogo entre lugares continúa escribíndose, mentres destoutro lado Paddy Bushe se afana dende o acubillo coruñés da Residencia Literaria 1863.

Agardamos que estes días de concentración, intercambio e creación lle dean a Caol Áit novos camiños. E estamos desexando coñecer o que traerá de volta desta experiencia entre Galicia e Irlanda.

@culturaxunta @xuntagalicia @tyroneguthriecentre @poetryireland @literatureireland @institutocervantesdublin by @resi_1863
0
a month ago
Download
O escritor irlandés Paddy Bushe será o protagonista da nova sesión de «POLDRA. Literatura extendida» o próximo 21 de setembro na Facultade de Filoloxía da USC ✨

Unha oportunidade única para escoitar a un autor que regresa a Galicia, un dos lugares que máis inspiran e nutren a súa obra poética durante décadas, nunha conferencia titulada «The Amergin Step: presenting past and future».

📍 Luns 21 de setembro ás 10:00 h | Aula C12 da Facultade de Filoloxía da @universidade_usc by @resi_1863
1
a month ago
Download
O que comezou como unha proba a si mesmo, despois do seu paso pola @resi_1863, rematou nunha estupenda sesión de Samuel Merino (@pompa_e_boato) da man de «POLDRA. Literatura extendida» en Cedeira 🌈

Un encontro realizado coa colaboración de @mestaslgtbiq no Bar O Peirao, que tal e como di o poeta e performer, foi unha 'fantasía' compartir con todas as persoas unha tarde de poesía que reivindica unha realidade cultural da periferia. taken in Cedeira by @resi_1863
10
a month ago
Download
Como lograr un programa que xere comunidade a través da cultura e que conecte institucións, autoras e públicos diversos? 

📚 @Resi_1863 conta co noso apoio para lograr este obxectivo da man de @___montgomery__ facilitando que todo aconteza como debe grazas á produción e chegando a espertar a curiosidade das persoas a través da comunicación e difusión en redes sociais e medios.

🌈 Podemos axudar a que o teu proxecto cultural, social ou deportivo tamén alcance os seus obxectivos. Desde a idea á produción somos as que se van apaixoar tanto coma ti para alcanzar o que precisas. Escríbenos para que valoremos a túa proposta 📲 by @resi_1863
4
a month ago
Download
Paddy Bushe é xa o residente veterano da nosa Residencia Literaria 1863 @resi_1863 , e non podemos estar máis contentos con iso.

Como cada setembro, o noso refuxio para escritores/as dá cabida ao Intercambio Poético Aodh Ruadh Ó Domhnaill 2026, que tende ano a ano unha ponte literaria entre Galicia e Irlanda e que este ano galardoou o poeta e tradutor irlandés Paddy Bushe.

Nado en Dublín en 1948, e residente en Kerry desde hai máis de cincuenta anos, Paddy escribe e traduce poesía en irlandés e inglés. É autor de quince poemarios, o último deles Uncertain Passage (2026), e en 2024 publicou The Amergin Step, unha exploración da paisaxe, a memoria e a mitoloxía da península de Iveragh. 

A súa propia casa mira cara á baía onde, segundo An Leabhar Gabhála, desembarcou Amergin tras viaxar desde Galicia: un dos mitos fundacionais da Irlanda gaélica. 

Durante a súa estadía na Coruña el está a traballar nun novo conxunto de poemas, en irlandés e inglés, arredor dunha concepción ampla da ecoloxía como cuestión ambiental, cultural, social e imaxinativa, atendendo tamén ás linguas minorizadas, á migración e aos vínculos míticos e contemporáneos entre Galicia e Irlanda. Continuará ademais a traducir algo de poesía galega ao irlandés. 

Ademais, mentres Paddy traballa connosco, o poeta galego Fran Fernández Davila desenvolve a súa residencia no Tyrone Guthrie Centre Annaghmakerrig, completando así este intercambio de ida e volta entre as dúas beiras atlánticas. 

Comisariado polo tamén poeta e tradutor irlandés radicado en Vigo Keith Payne, o programa conta co apoio e colaboración de The Tyrone Guthrie Centre, Literature Ireland , Poetry Ireland / Éigse Éireann , Secretaría de Cultura da Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes Dublín.

@xuntagalicia @institutocervantesdublin @gelu_alorenzo64 by @resi_1863
0
a month ago
Download
Convidámoste á seguinte sesión de «POLDRA. Literatura extendida», cun recital comentado con Samuel Merino (@pompa_e_boato): «Buscarse así» 💐

Filósofo, creador escénico e residente durante o pasado xuño na Residencia Literaria da Coruña, a obra de Samuel leva un marcado carácter reflexivo, que toma corpo na oralidade dos seus recitais, transitando os camiños do teatro e da performance.

📍 Sábado 5 de setembro ás 19:00 h | No Bar O Peirao (Cedeira).

Unha actividade posible coa colaboración de @mestaslgtbiq 👏 taken in Cedeira by @resi_1863
0
2 months ago
Download
🌊 𝐁𝐔𝐒𝐂𝐀𝐑𝐒𝐄 𝐀𝐒𝐈́:
𝐑𝐞𝐜𝐢𝐭𝐚𝐥 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐝𝐨 𝐜𝐨𝐧 𝐒𝐚𝐦𝐮𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐫𝐢𝐧𝐨 @pompa_e_boato

Un encontro para achegarnos á poesía desde o proceso, a voz e a experiencia da escritura. 

O noso residente do pasado mes de xuño Samuel Merino presenta “𝐁𝐮𝐬𝐜𝐚𝐫𝐬𝐞 𝐚𝐬𝐢́”, un recital comentado que propón escoitar os poemas e, ao mesmo tempo, entrar nas preguntas, decisións e camiños que os atravesan.

📍 Bar O Peirao — Cedeira
📅 5 de setembro
🕖 19.00 h

Unha actividade de @culturadadeputaciondacoruna en colaboración con @mestaslgtbiq no marco de 𝐏𝐎𝐋𝐃𝐑𝐀: 𝐋𝐢𝐭𝐞𝐫𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐄𝐱𝐩𝐚𝐧𝐝𝐢𝐝𝐚, programa que leva a creación literaria contemporánea a distintos espazos e comunidades da provincia.

Vémonos en Cedeira!

🎫 Entrada libre ata completar aforo. 

#Poldra #LiteraturaExpandida #SamuelMerino #Cedeira #Poesía #LiteraturaGalega #DeputaciónDaCoruña by @resi_1863
1
2 months ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up