Instagram story viewer> @xuvenlab> Posts
365
followers
316
following
Fago, logo aprendo.
Kits de experimentación científica para centros de ensinanza
Obradoiros de Divulgación científica
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
🍂🔬 As Lambiscadas Científicas chegan ao Mercadiño no Outono de Barreiros!

Este domingo 11 de outubro estaremos en Barreiros cun novo faladoiro das Lambiscadas Científicas, para descubrir máis sobre as carrachas e as enfermidades que poden transmitir. 🕷️🌿

🔎 «Enfermidades transmitidas por carrachas: coñécelas para poder previlas»

Falaremos das especies de carrachas que podemos atopar en Galicia, das enfermidades que poden transmitir e das principais medidas para previr as súas picaduras.

📅 Domingo, 11 de outubro
🕦 11:30 h
📍 Concello de Barreiros
🎟️ Entrada libre

A actividade forma parte da programación do Mercadiño no Outono, unha xornada chea de produtos de proximidade, música, degustacións e actividades para todos os públicos, organizada polo Concello de Barreiros.

🍁 Agardámosvos para compartir ciencia en boa compañía!

#LambiscadasCientíficas #XuvenCiencia #XuvenLab #Barreiros #MercadiñoNoOutono #DivulgaciónCientífica #CienciaEnGalego #lyme @vicedepulugo by @xuvenlab
0
4 hours ago
Download
Que agochará esta caixa? 👀

Un ano máis, contamos con @xuvenlab como patrocinador do Ciencia Calidade💙

Nesta caixa escóndese un pequeno tesouro (tecnoloxía, creatividade e ciencia nunha mesma peza) que irá parar ás mans da persoa gañadora desta edición.

Moitas grazas a #XuvenLab por seguir apoiando a divulgación científica en galego. E grazas tamén ao resto dos nosos colaboradores e patrocinadores por axudarnos a coidar cada detalle desta experiencia.

Co-organiza: @divulgaccion

Patrocinan e colaboran:
@reizentolo_oficial
@cafescandelas
@diego_gonzalezarias
@alejandrorealphoto
@ingenyus.es
@thebiofactory
@pontelabs
@adegaterrasmancas
@fina_rei
@siladulcesartesanos
@ganderiaquintian
@arroutadanigran
@nauticocastrelo
@milongasparrillada
@ceosgalegos
@xuvenlab

#Comunicaciencia
#DivulgaciónCientífica
#CienciaEngalego by @xuvenlab
0
19 hours ago
Download
🌈 Que cores se agochan dentro dun rotulador?

Na G-Night estivemos xogando coa cromatografía en papel para descubrir que unha soa tinta pode estar formada por un montón de cores diferentes.

E, de paso, acabamos facendo unhas flores ben chulas 🌸🧪

Moitas grazas a Stella Hernández por botarnos unha man durante o obradoiro 💛 e a todas as persoas que vos achegastes a participar, probar e experimentar con nós.

Así dá gusto facer ciencia! ✨

#GNight #EuropeanResearchersNight #Ciencia #DivulgaciónCientífica #AprenderFacendo #ObradoiroCientífico #Cromatografía by @xuvenlab
0
8 days ago
Download
🕷️ Así foi a nosa Lambiscada Científica en Vilalvite (Friol)!

Nesta ocasión achegámonos ás enfermidades transmitidas por carrachas, coñecendo mellor as especies que podemos atopar en Galicia, os riscos asociados e as principais medidas de prevención.

A encargada de conducir o faladoiro foi Belén Larrán, que compartiu os seus coñecementos cun público moi participativo e interesado ao longo de toda a actividade.

Moitas grazas á asociación Agro Pena da Vila pola acollida e a todas as persoas que se achegaron a compartir esta tarde de ciencia en boa compañía.

Seguimos levando a ciencia ao noso territorio! 🔬🌿

#lambiscadascientíficas @xuvenlab @XuvenCiencia #lyme @vicedepulugo by @xuvenlab
0
10 days ago
Download
A saúde dos solos constitúe un dos grandes retos ambientais aos que se enfronta Europa. O proxecto SUS-SOIL (Sustainable Soil and Subsoil health promotion by implementing agroecological land use and management to enhance ecosystem services delivery for society) pretende mellorar o coñecemento e a xestión sustentable do solo e o subsolo, fundamentais para a produción de alimentos, o mantemento da biodiversidade e o equilibrio dos ecosistemas. Está financiado polo programa Horizonte Europa cun orzamento de seis millóns de euros. 

A @universidade_usc exerce a coordinación de SUS-SOIL a través do o Grupo de Investigación en Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos da @eps_enxenaria do @campusterrausc, liderado pola catedrática María Rosa Mosquera Losada, que dirixe un consorcio integrado por 22 socios de 15 países.

Unha das principais apostas de SUS-SOIL é a posta en marcha dunha rede 15 Laboratorios Vivos. Estes espazos de innovación permitirán probar e avaliar prácticas agroecolóxicas e modelos de manexo sustentable adaptados ás particularidades de diferentes rexións europeas.

O laboratorio vivo galego será o protagonista da actividade que SUS-SOIL presentará na @gnight_gal de Lugo. A través dunha proposta práctica e participativa, as persoas asistentes poderán explorar o funcionamento do solo, coñecer os efectos dos incendios e achegarse aos organismos microscópicos que contribúen á súa fertilidade.

XuvenCiencia e @agromar_docs organizan a G-Night luguesa. by @xuvenlab
0
16 days ago
Download
A Unión Europea impulsa unha nova fronteira tecnolóxica co proxecto @repowersic.euproject, unha iniciativa financiada baixo o programa EIC Pathfinder da EuropeanCommission que busca transformar a o xeito no que se transmite enerxía no espazo, especialmente en misións desenvolvidas en rexións de iluminación limitada, como as noites lunares ou os cráteres en sombra permanente. 

As persoas que se acheguen o venres 25 de setembro á @gnight_gal de Lugo, ademais de información do proxecto, poderán ver demostradores de probas de concepto realizadas tanto no Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (@citiususc) como na  @eps_enxenaria do @campusterrausc da @universidade_usc. Nestes demostradores inténtase mostrar a problemática de transmitir enerxía no espazo e como dende o proxectoRePowerSiC se atende a esta necesidade.

A USC lidera o proxecto europeo rePowerSiC, que procura desenvolver un sistema innovador de transferencia sen fíos de enerxía mediante láser de alta potencia e conversores fabricados con carburo de silicio (SiC), capaces de transmitir enerxía a grandes distancias.

A achega fundamental desde a EPSE do Campus de Lugo da USC proporciónana investigadores como Enrique Comesaña Figueroa e Daniel Nagy.

Na G-Night de Lugo, organizada por XuvenCiencia e @agromar_docs, poderedes coñecer polo miúdo esta iniciativa. by @xuvenlab
0
16 days ago
Download
XuvenCiencia súmase á primeira edición da iTERRA Night da man do seu proxecto Ciencia á Feira, unha rede de cultura científica informal e interxeracional que chega neste curso 2026/2027 á súa cuarta edición. A iTERRA Night é unha iniciativa do recentemente creado @iterrausc, Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do @campusterrausc da @universidade_usc e terá lugar o venres, 25 de setembro, no soto da Praza  de Abastos de Lugo, de 18.00 a 22.00 horas.
#usc #campusterra #iterra #gnight #investigación by @xuvenlab
0
17 days ago
Download
🕷️ Lambiscadas Científicas chegan a Vilalvite!

Sabes que carrachas podemos atopar en Galicia? E que enfermidades poden transmitir?

Este xoves achegarémonos á Escola de Vilalvite (Friol) para falar delas, coñecer os principais riscos asociados e descubrir que medidas podemos tomar para previlas.

📅 Xoves, 24 de setembro
🕣 20:30 h
📍 Escola de Vilalvite (Friol)

🔬 Ciencia próxima, útil e en boa compañía.

Agardámosvos!

#cienciaáfeira #lambiscadascientíficas #lyme @vicedepulugo @universidade_usc @fecyt_ciencia by @xuvenlab
0
17 days ago
Download
Hoxe é o Día Internacional do Alzhéimer. Por iso estreamos *Alzhéimer: coñecer para previr e acompañar*, o primeiro da serie de vídeos previstos no proxecto Ciencia á Feira 2026/2027. 

Nesta peza audiovisual dámoslle visibilidade a toda a investigación que se realiza desde o @campusterrausc da @universidade_usc, desde distintas áreas de coñecemento: bioquímica, química-física, intelixencia artificial e etoloxía veterinaria. Do mesmo xeito, agradecemos a xenerosidade da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Lugo, @afalualzheimer.

Ciencia á Feira é un proxecto recorrente na convocatoria de fomento da cultura científica da @fecyt_ciencia do @cienciagob e conta tamén co financiamento da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da @vicedepulugo 

@eps_enxenaria 
@facultadedeciencias 
@fveterinarialugo 
@rof.codina 
@xuvenlab 
@cultura_usc 
@danigfdez by @xuvenlab
2
18 days ago
Download
Entre as propostas desta edición da @gnight_gal de Lugo destaca @removirt  H3D, unha experiencia interactiva que lle permitirá ao público explorar fígados humanos en 3D, reconstruídos a partir de tomografías do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e grazas ao traballo de investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (@eps_enxenaria) do @campusterrausc da @universidade_usc. A iniciativa achegaralles aos visitantes do Mercado Municipal Quiroga Ballesteros do @concellolugo as posibilidades da reconstrución e do modelado virtual aplicados á planificación da cirurxía hepática.

REMOVIRT H3D está promovido polo Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (@iisgaliciasur), vinculado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadores da Universidade da Coruña.

Entre os responsables do proxecto atópanse o cirurxián Sergio Estévez Fernández, coordinador da Unidade de Cirurxía Hepato-Bilio-Pancreática do CHU de Vigo, e Enrique Comesaña Figueroa, profesor do Departamento de Electrónica e Computación no Campus de Lugo, que é tamén o investigador principal do equipo da USC.

O proxecto, financiado polo @cienciagob a través do programa estatal Generación del Conocimiento, conta cun orzamento de case 200.000 euros e desenvolverase ata o ano 2027. by @xuvenlab
0
18 days ago
Download
XuvenCiencia e @agromar_docs organizan desde o @campusterrausc da @universidade_usc a @gnight_gal  ou Noite Galega das Persoas Investigadoras, que se celebrará o venres 25 de setembro con actividades participativas para público familiar. A cita será no soto da Praza de Abastos e no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros do @concellolugo, de 18.00 a 22.00 horas. Como novidades, poderedes achegarvos ao noso *supermercado imposible* e participar nun obradoiro sobre os riscos que supoñen as pantallas na infancia e na adolescencia. Hai actividades para persoas de todas as idades e son todas de balde ata completar aforo. E si, volvemos levar o noso areeiro de realidade aumentada, que moito vos gusta ano tras ano. Nos vindeiros días debullaremos a programación, así que estade á espreita na nosa web e nas redes sociais. 

Colaboran:
@depulugo
@vicedepulugo 
@xuvenlab 
@removirt 
@repowersic.euproject 
GREENCOOP
SusSoil by @xuvenlab
0
21 days ago
Download
O luns 21 de setembro conmemórase o #DíaInternacionaldoAlzhéimer. Na súa edición 2026/2027, desde o proxecto Ciencia á Feira propoñémomos visibilizar a investigación e o traballo que se realizan desde Lugo e desde o @campusterrausc da @universidade_usc para abordar unha doenza que ten unha grande incidencia en poboacións envellecidas como a da nosa provincia. Queremos estar a carón das persoas que coidan, como @afalualzheimer, que tan xenerosamente está a colaborar nesta iniciativa. 

Convidámosmos a un evento que terá lugar na Casa do Saber da Vicerreitoría da USC ese mesmo luns, 21 de setembro, ás 16.00 horas. Estrearemos, asemade, o vídeo 'Alzhéimer: coñecer para previr e acompañar'. 

Ciencia á Feira desenvólvese co apoio da @fecyt_ciencia e da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da @vicedepulugo 
@eps_enxenaria 
@facultadedeciencias 
@xuvenlab 
@danigfdez by @xuvenlab
0
22 days ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up